domingo, 7 de junio de 2009

MEMBROS

Pedra Quente está formado por (de esquerda á dereita na foto do carro de vacas...)

Ramón, co seu acordeón, as súas armónicas, de cando en vez uns toques de frauta e cunha voz galega... lousamiana...

Che, co seu bombo e birimbaos feitos coas sús mans nas súa ferrería de Goiáns, na Luaña...

Juan, gaiteiro de Rois cun punteiro de "rock´n´roll" e un trombón cos que o toca todo... aínda que non se acorde dos títulos das pezas...

Alberto, da Logrosa, terra de Negreira... gaita, bombo ocasional e ghastador de cunchas...

Pibe, con orixe en San Cibrán da Baña, aínda que picheleiro de adopción... gaita, saxo e frautíns... non canta...

Rafa, frauta traveseira, tarrañolas e un chisco de mandolina e ocarina, bodhran... tampouco canta, a pesares de ser de Noia, terra de cantareiros...

Pío, (non sae nesta foto, pero si na do fondo grafiteiro nunha festa en Negreira), baixista da Logrosa afincado na cidade do Apóstolo... (a ver se ven ao próximo ensaio, oh...)

Jorge, (ás veces Xurxo) ghaiteiro residente en Edimburgo que ás veces faille caso á morriña e volta á súa casa de Noia... normalmente por Nadal...

Lucas, tamborileiro de Negreira... (tampouco sae nesta foto, pero si noutras... reconóceselle polo tamboril ao cinto).

Ás veces aparecen outros amigos... sempre son benvidos...
__________________________________________________

Pedra Quente actuou o pasado 14 de xuño, domingo, en San Martiño de Ermedelo... Aquí van unhas cuantas fotos do evento...

Despois da actuación, fomos comer á casa de Alfonso, no Barreiro, concello de Rois: tortillas, empanada, callos con gharbansos, cabrito, porco, postres, cafés e licores... unha enchenta...!!! Como son os da aldea!!!

Unha montaxe fotográfica daquela maneira... na carballeira de Ermedelo...












ACTUACIÓN NAS FESTAS DE ROIS 2009 /DOMINGO 9 DE AGOSTO
moi curta e cun son... bueno, cun son...
outra de 6.41 minutos, cun son de certa calidade...



Momentos de probas de son... antes dos mexilóns e os calamares no Pemento...




Xa de noite... coa xuventude enfervorecida ao pé do escenario...
Más de ochocientas personas participaron en la fiesta anual de los mayores negreireses

Autor:
E. Forján

Bajo una carpa instalada en el campo da feira, ayer más de ochocientos mayores de Negreira celebraron su encuentro anual, que en esta ocasión alcanzaba su décimo cuarta edición, segunda desde la llegada del socialista Juan García Fuentes a la alcaldía. El actual regidor optó por darle un aire nuevo a la fiesta, mediante su celebración en la propia villa, verbena incluida, en vez del pabellón de deportes de Pedra Mámoa de la era Blanco Pazos.
La jornada se desarrolló bajo un extraordinario ambiente de convivencia festiva, gracias por otro lado a un completo programa diseñado por la concejala de Asuntos Sociais, la independiente Pilar Pérez Pensado. Una misa y un concierto de la banda municipal, precedieron al xantar de confraternidad a base de empanada, pulpo á feira, carne ó caldeiro, y tarta larpeira.
Los gaiteiros Pedra Quente y el dúo musical Óbice, se encargaron de animar la sobremesa festiva para el cerca de un millar de negreireses que se sumaron a la celebración festiva en el campo da feira de la capital de Barcala.

(Publicado en La Voz de Galicia do 07 de xuño de 2009)

___________________________________________________

GHALERÍA DE FOTOS