Publicado polo diario La Voz de Galicia...
21/06/08.
O Concello de Negreira celebrou este sábado 21 de xuño o seu decimoterceiro Encontro dos Maiores, no cal participaron preto de novecentos veciños na súa totalidade maiores. Por vez primeira este acontecemento anual tivo lugar na praza do Concello, onde baixo unha gran carpa celebrouse o xantar de confraternidade que contou coa presenza de case tódolos membros da corporación municipal. Os actos abrironse cunha misa cantada na capela do Cotón que oficiou o cura párroco de Negreira e Logrosa, José Manuel Alvite.
Un dos momentos máis importantes foi a sobremesa coa actuación do grupo de gaiteiros Pedra Quente, de Logrosa, os cales precederon á verbena final ao ritmo do grupo musical Iris que fixo bailar aos preto dun millar de veciños maiores chegados en autobuses e coches particulares dende todas as parroquias e a vila de Negreira.
sábado, 28 de febrero de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Parabens polo blog rapaces.Rafa,xa estás cambiando o de nicrariense por "de Logrosa".E si que vou a estar no ensaio do próximo venres.
Unha aperta.
Xa está, Pío... cambiado o imperdonable erro... disculpas a esgalla polo acontecido...
saudiña...
Publicar un comentario